Xuventude

Programa municipal de conciliación con actividades socioeducativas, deportivas e de tempo libre dirixido ás familias do Concello de Rianxo. - Concilia Semana Santa - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Concilia Semana Santa

Programa municipal de conciliación con actividades socioeducativas, deportivas e de tempo libre dirixido ás familias do Concello de Rianxo.

Listaxes definitivas

Publicase a listaxe de participantes do Concilia Semana Santa 2026.

O servizo realizarase unicamente no CEIP Castelao. Aínda quedan prazas dispoñibles, polo que o prazo de inscrición continuará aberto ata completar as prazas.

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

Publicación da listaxe de solicitudes por instalación

Publícase a listaxe de solicitudes por instalación.

Admitidas todas as solicitudes presentadas.

O servizo realizarase unicamente no CEIP Castelao, ao non terse rexistrado solicitudes suficientes nos demais centros educativos. Contactarase telefonicamente coas familias que solicitaron noutra instalación para ofrecerlles praza no CEIP Castelao.

Aínda quedan prazas dispoñibles, polo que o prazo de inscrición continuará aberto ata completar as prazas do CEIP Castelao.

__________________________________________________________________________________

Programa municipal de conciliación con actividades socioeducativas, deportivas e de tempo libre dirixido ás familias do Concello de Rianxo.

Datas de realización

  • 16, 17 e 18 febreiro

Horario

  • dende as 08.00 a a 14.00 h

Persoas destinatarias ​

  • nenos e nenas nados entre 2014 e 2022 (incluídos).

Localizacións e prazas: 

  • CEP Brea Segade (Taragoña): 15 prazas
  • CEIP Ana Mª Diéguez (Asados): 15 prazas
  • CEIP Castelao (Rianxo): 30 prazas

Documentación necesaria

  • Solicitude de inscrición (Descarga do modelo).
  • Volante de empadroamento (ou autorización para a súa comprobación).
  • Xustificación da necesidade de conciliación.

Calendario de inscrición 

  • Presentación de solicitudes: do mércores 11 ao mércores 18 marzo
  • Publicación listaxes provisionais e instalación solicitada: luns 23 marzo
  • Sorteo, de ser o caso: martes 24 de marzo, ás 11.00 h.
  • Listaxes definitivas: mércores 25 de marzo

Presentación de solicitudes

​​​​​​​As solicitudes presentaranse no Rexistro do Concello de Rianxo, preferentemente por vía telemática, empregando o modelo oficial.